N/D
Exposición fotográfica ‘Iguais baixo o sol’

Exposición fotográfica ‘Iguais baixo o sol’

A exposición fotográfica ‘Iguales baixo o sol’ aterra na USC para pór o foco nunha realidade tan invisible como urxente: a vida das persoas con albinismo na África subsahariana. A mostra inaugúrase o 16 de marzo ás 12.00 horas no Claustro baixo do Colexio de Fonseca, onde permanecerá ata o día 28. Logo da institución compostelá, a mostra poderá visitarse na Coruña e Vigo.

A través dunha coidada selección de retratos e historias persoais, ‘Iguais baixo o sol’ ofrece unha aproximación humana ao impacto que o albinismo ten en miles de persoas. A exposición non só aborda o estigma social, o abandono e a violencia, senón tamén as barreiras críticas no acceso á saúde, a educación e o emprego.

Non obstante, a mensaxe principal é de esperanza: a mostra revela a forza da resiliencia, o liderado comunitario e as solucións que xa están transformando vidas sobre o terreo.

A exposición, enmarcada na Primavera Cultural da USC, nace da misión de Beyond Suncare, organización fundada tras anos de traballo directo en países como Malawi, Uganda, Ruanda E República Democrática del Congo, nos que a falla de protección solar axeitada e a desinformación condenan a moitas persoas con albinismo a un sufrimento evitable, como o cancro de pel prematuro.

“A montaxe convida o público a mirar sen prexuízos, a escoitar sen filtros e a deixarse conmover por historias que son unha chamada á empatía, a dignidade e a acción”, explica Mafalda Soto, impulsora do proxecto.

Ademais da USC, esta mostra itinerante conta co apoio da Xunta de Galicia e as Fundacións Abanca e Humanitaria de Rotarios Españoles.

Fuente: https://www.usc.gal//gl/servizos/area/cultura/eventos/exposicion-fotografica-iguais-sol
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android