20:30 hasta las 22:30
Los dos Hidalgos de Verona

Los dos Hidalgos de Verona


*Función accesible o venres día 5
Esta función é accesible a persoas con discapacidade sensorial e conta con:
-subtitulado adaptado
-audiodescripción
-bucle magnético individual
-sonido amplificado con auriculares

De William Shakespeare, con adaptación de Declan Donnellan e Nick Ormerod

Se Shakespeare é un dos construtores da alma humana moderna, como afirma Harold Bloom, en Los dos Hidalgos de Verona empezará a desenvolver moitos dos elementos que van definir esa concepción do ser humano. Los dos hidalgos é unha das primeiras comedias nas que afina as tensións entre amizade e amor, tensións que ocupaban un espazo, non menor, na literatura de fins do Renacemento. A amizade entendida como unha forma de amor sen sexo estaba a ser tratada desde moitas perspectivas e enaltecida como unha forma de alto compromiso sentimental oposta ás relacións amorosas. Escrita pouco tempo antes que Romeo e Xulieta, comparte con esta numerosos puntos de vista e de tensión dramática. Atopamos tamén nela una das creacións máis emblemáticas do personaxe do criado cómico, que vai xerar un modelo que alimentará posteriormente tanto o teatro do Bardo como o dos seus seguidores.

Con Jorge Basanta, Prince Ezeanyim, Alberto Gómez Taboada,Rebeca Matellán, Manuel Moya, Alfredo Noval, Carmen Mayordomo, Antonio Prieto e Irene Serrano

Dirección: Declan Donnellan

Coprodución da Compañía Nacional de Teatro Clásico (CNTC), Cheek by Jowl e LAZONA

Download App iOS
VIRAL App
Download App Android