18:30
Presentación e obradoiro | NARIZ VERMELLO de Cristina Arias e Laura Cibreiro
-
Evento destacado
- Evento terminado
- Guardar evento Evento guardado
O venres 6 achegarémonos a unha historia sinxela pero moi divertida, narrada pola súa autora, a xornalista Cristina Arias, que estará acompañada pola ilustradora, Laura Cibreiro. Nesta ocasión, unha avoa relatará á súa neta unha antiga historia familiar, de cando o seu avó amolou a un trasno que vivía na súa casa ao non saber coidalo. Onde estará agora ese trasno? 🤔 Seguirá acompañando á familia? Decidiría instalarse na casa da neta? De calquera xeito, terán que ter moito coidado se non queren ter que aturar as súas bromas!!! 🤭 Ademais, ao rematar o contacontos Cristina e Laura realizarán un obradoiro de pintura para os peques 🖍️ 🗓️ Venres 6 de febreiro, ás 18:30 h. Non vos perdades esta actividade perfecta para unha tarde de choiva! ☔


