00:00
Festivala 2026 | X EDICIÓN
-
Evento destacado
- Evento terminado
- Guardar evento Evento guardado
Festivala 2026 xa ten data oficial: o 30 de maio vémonos en Vilagarcía coas ás máis grandes que nunca. 💐 Esta X edición será diferente a todas as anteriores. Reservade o día no voso calendario para esta FestivalaGala 🥳 🎨 Este impresionante deseño foi realizado por Lidia Cao (@lidia.cao), ilustradora e artista mural de Ordes recoñecida polo seu universo visual íntimo, poético e emocional. O seu traballo céntrase principalmente na representación de figuras femeninas, explorando estados internos como a identidade, a curiosidade e a conexión coa natureza. Grazas, Lidia ✨🫶🏽 ✊🏽 A cultura feminista da vila está máis esperta que nunca. Moi pronto máis noticias 💜 +INFO https://www.instagram.com/festivala.mullerescreando/



