18:30
Faladoiro con Javier Peña: Tinta Invisible

Faladoiro con Javier Peña: Tinta Invisible

  • Evento destacado
  • Evento terminado
  • Calendario
Gratis
Hai encontros que deixan pegada. O noso primeiro faladoiro foi vai uns anos, cando Javier Peña nos achegou a súa novela Agnes. Aquel día tivemos a sorte de compartir cun escritor ao que poderiamos escoitar falar durante horas. Co paso do tempo, Javier abriunos a porta ás vidas de autores inesquecibles a través do seu podcast Grandes infelices, regalándonos historias, curiosidades e esa maneira tan súa de mirar a literatura.

Por iso hoxe nos fai especial ilusión anunciar que pecharemos o ano coa súa presenza, para conversar arredor da súa novela Tinta Invisible e volver gozar da súa maneira de contar e de facer literatura. Será unha tarde para deixar que as historias nos envolvan e celebrar que os libros tamén crean comunidade.

Non perdades a oportunidade. Se vos interesa participar escribide a: clubdelecturalugo@gmail.com
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android