PROGRAMACIÓN CONTINUA: terceiro trimestre 2025 O vindeiro luns 20 de outubro dará comezo a Programación Continua do terceiro trimestre de 2025. Trátase dun programa de actividades que organiza o Espazo Didáctico, o Espazo de Lecer e a Biblioteca tódalas semanas. Estes departamentos ofrecen unha ampla variedade de obradoiros de balde para tódolos públicos, entre os que se atopan: traballos manuais e contacontos infantís, obradoiros de escritura creativa, clubs de lectura de diversas temáticas, encontros sobre a Memoria… e moito máis! Reserva de prazas: ✉ vellocarcere@lugo.gal Máis información: ☎ 982 297 195 +INFO https://ovellocarceredelugo.gal/programacion-continua-terceiro-trimestre-2025/
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar