🎶 Concertos do San Froilán 2025 ➡ LIA KALI o venres 10 ás 22.00 h na praza Horta do Seminario. Lia Kali é unha cantante de Barcelona que se move entre o pop urbano, o trap, o rap e o R&B. Saltou á fama tras pasar polo programa La Voz e en 2023 lanzou o seu primeiro álbum "Contra Todo Pronóstico", consolidándose como unha das voces máis destacadas da escena urbana en España. En 2025 lanzou o disco Kaelis co que superou os 47 millóns de reproducións e ten máis de 4’7 millóns de oíntes mensuais en Spotify. https://liakali.com/ https://www.instagram.com/lia.kali_ https://facebook.com/juliaisernLK
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar