22:00
CONCERTO | El Nido

CONCERTO | El Nido

🎶 Concertos do San Froilán: mércores 08 - 22:00 EL NIDO na praza da Mosqueira.

O universo de El Nido soa a tixola e lata de pementón, cheira a verbena moderna e sabe a xota e a praza. 

As súas composicións toman como referencia os sons e ritmos da música tradicional de Castela e León, como procura de orientación e identidade nun presente cada vez máis acelerado e convulso.
O seu último LP, “La Constancia” (2025), é unha visión absolutamente única da música tradicional desde o contemporáneo e o pop, mantendo a súa esencia vitalista, conmovedora e cada vez máis atrevida. 

Agudillos, jotas de ronda, ajechaos, charros e outros ritmos tradicionais de baile, seguen inundando a súa música, sempre vestida das sonoridades dos instrumentos domésticos que acompañaron sempre á tradición oral.

https://instagram.com/elnidomusica
https://elnidomusica.es

Programa: https://sanfroilan.info
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android