𝗥𝗨𝗡𝗡𝗜𝗡𝗚 🏃♂🏃♀𝗘𝗡 𝗕𝗘𝗔𝗗𝗘 (𝗢𝗨𝗥𝗘𝗡𝗦𝗘)
𝗗𝗔𝗧𝗢𝗦 𝗗𝗢 𝗘𝗩𝗘𝗡𝗧𝗢:
📆 Sábado 9 de Agosto ás 21:30h.
📌San Roque do Concello de Beade.
🔹 Entrada de balde. Recomendado para público de +12 anos.
🔸 Evento patrocinado pola Xunta de Galicia baixo o programa da Rede da Dinamización Lingüistica.# 𝗦𝗜𝗡𝗢𝗣𝗦𝗘:
Xulia e Román acaban de coñecerse e o primeiro WhatsApp non tarda en chegar: “¿Quedamos? Veña, ¡si! ¿Pero cando?”Fillas e fillos de parellas anteriores. Nais divorciadas. Avós na residencia. Adolescentes co pavo. O pequeno coa crise dos 8. Os grandes coa dos 40, coa dos 50, coa dos 60. Clases de ioga para liberar o estrés, patinaxe artístico os luns, danza jazz os martes. E ser taxista. Das fillas, dos fillos, das fillas dos demais, do pai, da nai, da avoa, dos primos. E os deberes. Os deberes da escola e o resto de deberes. Deberes e obrigas. Coidar de todo e de todos menos dun mesmo. ¿Como facer que as axendas cadren? E por outra banda: ¿de verdade quero comezar algo novo que poida supoñer máis deberes e menos pensar nun mesmo?
Romeo e Xulieta tiñan as familias na contra dun amor prohibido.
Xulia e Román aínda non saben se tanto se queren, pois as súas familias, as súas vidas, e os seus propios medos impiden brindar con esa primeira cervexa que podería facer nacer ou morrer o amor eterno.
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar