00:00 hasta las 00:00
XIX Certame de Investigación Condado de Pallares 2025

XIX Certame de Investigación Condado de Pallares 2025

XIX Certame de Investigación Condado de Pallares, convocado pola Asociación de Amigos do Mosteiro de Ferreira de Pallares, co obxectivo de promover a investigación nos ámbitos da linguística, a historia, a arte, a arqueoloxía, a antropoloxía, a etnografía e o folclore no territorio que conformaba o antigo Condado de Pallares,  que corresponde cos actuais concellos de Guntín, Portomarín, Taboada, Chantada e Carballedo.

As persoas interesadas en participar poden achegar os seus traballos de investigación, escritos orixinais e inéditos en lingua galega,  ata o 30 de setembro, remitíndoos por correo certificado, baixo plica, a Casa Reitoral, nº 6, Ferreira de Pallares, onde ten a súa sede a asociación. O autor ou autora da obra premiada recibirá 4.000 euros, ademais da publicación do estudo, cunha tirada de 1.200 exemplares.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android