12:30
ZAPATO E BOTA de Yolanda Álvarez Castro
-
Evento destacado
- Evento terminado
- Guardar evento Evento guardado
Que vos parece rematar esta solleira semana 😎 cunha presentación moooi especial? O vindeiro sábado teremos o pracer de contar con Yolanda Álvarez Castro que nos dará a coñecer o seu segundo libro, "ZAPATO E BOTA" 🤭🥾 A autora falaranos do inconformistas que podemos chegar a ser con nós mesmos e do importante que é que aprendamos a aceptarnos e a querernos 🥰 Pero non será unha presentación calquera... Yolanda, acompañada de Xela, ofrecerannos un contacontos musicalizado en directo e ao rematar realizarán un taller de pinta caras 🗓️ Sábado 31 de maio ás 12:30 h. Non vola podedes perder!!! 😉


