00:00 hasta las 00:00
III Xornadas etnográficas da Mariña 2025

III Xornadas etnográficas da Mariña 2025

III Xornadas etnográficas da Mariña

venres, 30 de maio - domingo, 1 de xuño
Barreiros, Lugo

venres, día 30
20:00 Apertura das xornadas. Auditorio das Escolas Vellas.

21:00 Concerto de Tumba e Dálle. Auditorio das Escolas Vellas.

sábado, día 31
11:30 Encontro con Xabier Díaz: Metendo as mans na terra: a súa experiencia nas recollidas e no proceso de recreación da música tradicional. Auditorio das Escolas Vellas.

12:30 Visita guiada á exposición "Tecedeiras, arte e talento na sombra": mostra con pezas do enxoval doméstico tradicional galego. Colección de Manuel R. Calviño. Escolas Vellas.

16:30 Relatorio de Xiana Teixeiro: Os Pacheco e Os Veigas. Dous cuartetos mindonienses. Auditorio das Escolas Vellas.

19:00 Foliada / Polavila. Con Arco da Vella (San Miguel de Reinante), Amado Lar (O Valadouro), As Ferriñas (O Vicedo), Osorio Gutiérrez (Lourenzá) e A Chocolateira (A Pontenova). Auditorio das Escolas Vellas.

22:00 Concertos de Unto Vello e Lagharteiras. Auditorio das Escolas Vellas.

Ao remate Foliada aberta.

domingo, día 1
12:30 Exposición Tecedeiras, arte e talento na sombra. Escoita da gravación ao gaiteiro Hermógenes por Quique Penabad, primeira recollida feita en Barreiros nos anos 80. Interpretación da peza polos gaiteiros de O Arco da Vella. Escolas Vellas.

16:30 Presentación do libro Cantareiras con Icía Varela e Xosé Manuel Varela. Percorrido pola tradición musical e poética das pandeireteiras, desde a terra de Nemancos ata Bergantiños e Cerqueda. Escolas Vellas.

18:00 Mostra etnográfica e clausura das xornadas. Con Arco da Vella (San Miguel de Reinante) e O Fiadeiro (Vigo). Praza do Concello.

Organizadas por Tecedeira: proxecto de investigación, compilación e divulgación das músicas de tradición oral.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android