USC Universidade de Santiago de Compostela
Praza Do Obradoiro, S/N - Santiago de Compostela Ver web
Obesidade e diabetes: non é só unha cuestión de peso Dna. Cintia Folgueira Cobos Luns 19 de maio de 2025, 11:30 h. Casa do Saber. Salón de Actos A bióloga e investigadora lucense Cintia Folgueira Cobo abrirá o luns o ciclo “Destacando na Ciencia”, un programa de conferencias co que se pretende achegar á cidadanía distintos ámbitos do coñecemento da man de destacados expertos e expertas galegas. A primeira das charlas será a da bióloga lucense, o vindeiro luns día 19, na Casa do Saber, ás 11.30 horas, unha ponencia que inaugura un ciclo financiado integramente polo Concello de Lugo, a través da área de Cohesión Social, e que lévase a cabo coa colaboración do IV Ciclo Universitario de Maiores da USC. sta primeira conferencia abordará, da man de Cintia Folgueira, a “Obesidade e Diabetes: non é só unha cuestión de peso”. A bióloga e investigadora lucense, que traballa no Centro Nacional de Investigación Cardiovascular (CNIC) e desde marzo no Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago, conta con moitas distincións nacionais e internacionais polos seus descubrimentos no campo da diabetes e da obesidade. O ciclo “Destacando na Ciencia” continuará o luns 2 de xuño, tamén ás 11,30 horas no salón de actos da Casa do Saber, coa conferencia do historiador Roberto López López que abordará a ponencia “Ao final do camiño: a atención dos peregrinos en Santiago na Idade Moderna”. Xa no mes de xuño, o luns día 23, co mesmo horario, abordarase unha nova charla sobre “O ecosistema dixital”, a cargo da xornalista María Varcárcel Tabernero, mentres que o remate do ciclo correrá a cargo do investigador e médico xenetista Ángel Carracedo, quen o mércores, 1 de outubro, ás 11.00 da mañá falará sobre “Os avances en medicina Xenómica: Desde o Proxecto Xenoma Humano ao Proxecto Xenoma Galicia”.
Praza Do Obradoiro, S/N - Santiago de Compostela Ver web
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar