Roteiros de sendeirismo | Programa +XTi 2025 Do 18 ao 22 de agosto terá lugar o ciclo de roteiros de sendeirismo, con cinco rutas temáticas e dous grupos por xornada (mañá de 9:00 a 13:00 h e tarde de 17:00 a 21:00 h). A actividade está destinada a lucenses de entre 18 e 39 anos, con 22 prazas por grupo. As rutas serán as seguintes: o 18, tramo do Camiño Primitivo (Porta de Santiago); o 19, ribeiras do Miño (Club Fluvial); o 20, paseos do Rato e do Miño (Balneario); o 21, bosques de Adai e Ombreiro (Igrexa de Adai); e o 22, ruta histórica ata o barrio da Ponte (Porta San Fernando). É unha actividade aberta sen inscrición previa. Para máis información, as persoas interesadas poden consultar https://www.lugomasxti.org ou chamar ao 982 297 837.
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar