18:00
Actividade sobre música e poesía da China

Actividade sobre música e poesía da China

o xoves 3, ás 18.00h, a biblioteca escolar acollerá unha actividade sobre música e poesía da China promovida polo departamento de chinés pero froito da colaboración co departamento de galego.

Primeiro, participantes do club de conversa de chinés B1 ofrecerán unha breve presentación sobre a poesía chinesa.

Despois, alumnado dos grupos de chinés A2.1 e A2.2 recitarán poemas clásicos chineses na súa versión orixinal e alumnado do grupo de galego B1 acompañará coa recitación bilingüe en galego, presentando as súas propias traducións indirectas dos poemas a partir das versións en castelán que inclúe o autor Chen Guojian 陈国建 no seus libros sobre poesía chinesa🪈A recitación estará amenizada polos sons en directo da frauta de bambú (笛子dí zi) de Yin Xingyuan, asistente de conversa do departamento de chinés

É unha actividade aberta a todas as persoas interesadas.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android