20:00
ENSEMBLE BARBAROCO & MARCO ORSINI-BRESCIA · GLOSAS DE OURO

ENSEMBLE BARBAROCO & MARCO ORSINI-BRESCIA · GLOSAS DE OURO

10ª EDICIÓN DO CICLO DE LUGARES E ÓRGANOS. MÚSICA E OUTRAS PAISAXES DE COMPOSTELA

CONCERTO DE ENSEMBLE BARBAROCO & MARCO ORSINI-BRESCIA

GLOSAS DE OURO. LUZ E ESPLENDOR DO RENACEMENTO

Para poñer punto final á edición 2025, que conmemora dez anos de música arredor dos lugares e dos órganos de Compostela, o consort francés de violas de gamba Barbaroco xunto ao organista ítalo-brasileiro afincado en Galicia, Marco Orsini-Brescia, propoñen un programa integrado polas músicas máis representativas do Renacemento musical que comeza a tomar forma a finais do século XV na Península Ibérica. Na conformación deste período influirán decisivamente varios acontecementos: a reunificación dos reinos de Castela e Aragón e as súas posesións en Italia (os reinos de Nápoles e Sicilia), a toma de Granada e a chegada aos territorios alén mar. O florecemento artístico que foi parello a estes episodios deu lugar a un amplo campo para a creación musical e a compilación de repertorios, for en cancioneiros manuscritos, for en luxosas edicións, grazas á imprenta musical acabada de inventar. Precisamente, desta época son os cancioneiros de polifonía profana española, o Cancionero de Palacio ou o Cancionero de Medinaceli, dos que se escoitarán diversas pezas no programa. Ademais, gozaremos de fermosísimas músicas recollidas no libro Obras de música para tecla, arpa y vihuela, de Antonio de Cabezón publicado en 1578, organista que foi ao servizo de Carlos I e Felipe II, canda obras do violagambista e compositor Diego Ortiz, publicadas no famoso Tratado de glosas, en 1553.

Ensemble Barbaroco

Eliaz Hercelin, viola soprano e dirección

Claire Gravelines, viola tenor

Hyérine Lassalle, viola baixo

Lukas Schneider, viola baixo

Ilan Hercelin, percusión

Marco Orsini-Brescia, órgano

Fuente: https://www.compostelacultura.gal/espectaculos/evento/ensemble-barbaroco-marco-orsini-brescia-%C2%B7-glosas-de-ouro
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android