19:00
Faladoiro arredor de “Sentinelas” (tomos 1 e 2) no Salón do Libro Infantil e Xuvenil
-
Evento destacado
- Evento terminado
- Guardar evento Evento guardado
Na "Sala VIP" do Pazo da Cultura, Andrés Castro (guionista) e Alexendre Senande (debuxante) protagonizan este faladoiro sobre "Sentinelas da Lúa Carmesí" e a súa continuación, titulada "Sentinelas no limiar das tebras", no que desvelarán a Eva Mejuto e ás persoas asistentes moitos dos segredos que agocha esta saga de cómics de aventuras e fantasía que bebe da mitoloxía galega e que naceu dun proxecto audiovisual. Faladoiro aberto ao público xeral. Acceso libre ata completar a cabida. Ao remate haberá unha sesión de firmas cos autores. Máis información no link: https://www.salondolibro.gal/evento/sentinelas-da-lua-carmesi-partes-1-e-2/


