19:30
PRESENTACIÓN | 'Detective Ferruchi' de Marta Villar

PRESENTACIÓN | "Detective Ferruchi" de Marta Villar

Este venres 21 ás 19:30h teremos o pracer de recibir á escritora Marta Villar para a presentación do seu libro "Detective Ferruchi", vixente premio Xerais de Novela, en conversa coa xornalista María Taboada.

Pouca introdución precisa un libro ao que xa convertestes nun dos nosos maiores éxitos durante estes meses (e non podemos estar máis agradecidas). Por iso mesmo, non cremos que nos custe demasiado convencervos de que veñades a desfrutar dunha conversa tan interesante como a propia lectura!
E para aqueles que aínda non a coñecedes, que mellor maneira de adentrarse e afondar nunha obra que facelo da man da propia autora?

Sexades dos xa adeptos ou dos aínda por convencer, quedades todos convidados a acompañarnos neste día, onde indagar nas intrigas detectivescas, coñecer as peculiares personaxes, e reflexionar sobre as diferentes cuestións que se deixan traslucir no mundo creado pola autora.

Agardámosvos o venres ás 19:30h!
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android