"TRADICIÓN ORAL RECUPERADA DAS TEBRAS. Son contos ... ou Historia?", do escritor e exprofesor de Historia Severino Fernández Abel. Velaquí unha pequena recensión desta interesantísima obra: "Os contos e historias arredor da lareira marcaron a infancia do autor e a súa forma de entender o pasado da sociedade que nos rodea. Isto, unido á formación académica e profesional, serán os motivos polos que a partir desa tradición oral, co paso dos anos, se enganchará á querenza pola súa investigación histórica. Esta obra vén sendo, nin máis nin menos, o reflexo dunha afección polo conto popular, pero a narración non pode ficar nunha simple anécdota de repetida reprodución oral ou escrita. Un conto debe ser investigado na súa orixe e iso é o que se intenta neste traballo cun feixe deles, sacados tanto na beira da lareira coma ao longo do camiño persoal e profesional, pendurados na memoria social e agardando unha mirada agarimosa, mais crítica e realista, que dalgunha maneira os devolva ao presente. Nas 18 historias aquí incluídas mestúrase a sinxela narración de vivencias (propias ou de achegados), a regrada investigación sobre relatos persoais e a narración máis a indagación sobre contos de moi diversa procedencia."
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar