18:00
U-La Lúa?

U-La Lúa?

A cargo de A Xanela de Maxín

Para conmemorar o Día do Teatro

Unha proposta escénica dirixida a un público familiar. En U-la Lúa? cobran importancia valores como a tenrura, o respecto ou a solidariedade. Un mundo onde a violencia non ten cabida, e onde ilusión fai dos soños unha realidade.

Lúa é unha gatiña pequena, algo tímida e asustadiza. Vive coa súa avoa nunha humilde casa. No exterior contan cun fermoso xardín no que Lúa pasa as horas xogando soa. Non ten irmáns e a avoa lle deixa saír fóra, mais Lúa soña con viaxar, coñecer novos lugares e ter amigas e amigos para xogar.

Illada do mundo, sen ver máis alá dos muros que rodean o xardín, un día deulle por subir a ese muro. O que viu dende alí deixouna apampada. A tan só unha carreiriña había un parque! Cos seus bambáns e un tobogán enorme. Chegaría nun intre. Era doado… ou iso semellaba.

Para nenos/as de 4 a 12 anos (público familiar)

Duración: 45 minutos

Horario: 18:00 h.

Salón de actos (ata completar capacidade)

Fuente: https://bibliotecas.xunta.gal/lugo/gl/actualidade/axenda/u-la-lua
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android