20:30 hasta las 21:45
MENTALMORBOSE, de Noitebras Teatro

MENTALMORBOSE, de Noitebras Teatro

Gratis
Representación da obra teatral "MENTALMORBOSE", de Noitebras Teatro.

Sinopse de “Mentalmorbose”. Xénero: Traxicomedia
Un dramaturgo con ínfulas existencialistas tratará de convencer a unha das súas ex-parellas para que o axude coa publicación dunha obra teatral. Ela non parece estar interesada, pero demostra saber moito máis sobre a trama do que el pensa. O protagonista desa traxicomedia, Viktor Krikrič, sempre acompañado da súa particular Dulcinea, está experimentando estraños cambios na súa relación coas mulleres que o rodean. Isto vai levalo a querer saber quen é el, e que quere realmente.

Noitebras Teatro
Os integrantes de NOITEBRAS TEATRO, inician a súa traxectoria teatral en escolas de formación dramática da cidade de Vigo e comarcas veciñas. Sendo alumnos da Escola Municipal de Teatro de Vigo durante catro anos, deciden montar o seu propio grupo: NOITEBRAS TEATRO, co que xa levan representadas diversas obras (“Busco Muller”, 2022; “Noitebras”, 2022 e “Amordiscos”, 2023). En 2024 escriben e montan a súa máis recente produción teatral: “Mentalmorbose”, cunha duración de 65 minutos e recomendada para maiores de 15 anos.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android