Concello de Lugo - Área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua
Praza Maior, 1 - Lugo Ver web
O Pregón do Entroido, que marca o inicio oficial das celebracións, terá lugar o venres 28 de febreiro ás 20:00 horas na Praza Maior, e estará a cargo da recoñecida música Branca Villares. O evento contará con gradas para mellorar a visibilidade, unha pantalla xigante e unha carpa en caso de choiva. A festa continuará coa música en directo de Condensadores de Fluzo, e a partir das 21:30 horas, o recinto histórico vibrará cos sons da charanga Os Chafalleiros e da Batukada Escándalo de Sons. PROGRAMACIÓN COMPLETA ENTROIDO 2025 PDF: https://acortar.link/N66GQn
Praza Maior, 1 - Lugo Ver web
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar