12:00
Pitiminí: Concerto para bebés
-
Evento destacado
- Evento terminado
- Guardar evento Evento guardado
Pitiminí: Concerto Para Bebés é un espectáculo sensorial deseñado especialmente para os máis pequenos e para ás súas familias. Unha viaxe musical con melodías e sons que estimulan a curiosidade dos bebés nun ambiente seguro e acolledor. Davide González e Iria Pinheiro continúan creando teatro familiar despois da súa traxectoria conxunta en diferentes compañías. A súa bagaxe profesional en varias disciplinas ao redor das artes escénicas fai de Pitiminí un completo menú artístico que fomentará nas crianzas o desenvolvemento emocional e cognitivo a través da danza, da música, do teatro de obxectos e da poesía.


