22:30
FESTA FACELA X A SEARA

FESTA FACELA X A SEARA

✨ FESTA FACELA X A SEARA ✨

Do universo íntimo e a electrónica mística dos galego-portugueses MOCHO GRIS á enerxía onírica e o pop efervescente das noiesas CARABELA, a “Festa Facela x A Seara” aterrará o 22 de febreiro no Club Clavicémbalo  de Lugo. Unha alianza entre Facela e A Seara que celebra o primeiro aniversario de A SEARA Servizos Culturais e moitos anos compartindo concertos xuntos. Había que festexalo con música, non podía ser doutro xeito.

Unha viaxe espacial con grupos que abren novas órbitas para o pop e a electrónica máis imprevisibles, creando o ambiente perfecto no que deixar que a gravidade se apodere dos corpos e que as novas sonoridades nos fagan soñar co espazo.

A proposta complétase invocando a DJ TONITA, creando co seu dj-set un espazo onde seguir flotando e bailalo todo como peche de festa. Unha noite feita á medida para quen se atreva a explorar e deixarse levar por sons diversos que nos farán transportar a territorios inexplorados.

Artwork de LaChapera 
🌘 Fa Ce La Fest x A SEARA 🌒
📅 22 de febreiro
🕦 22:30h
📍 Club Clavicémbalo, Lugo

🎟 Entradas á venda en @woutick! 12€ anticipada / 15€ billeteira
https://woutick.com/es/entradas/festa-facela-x-a-seara

Pasamos lista! Non se che ocorrerá non vir? 
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android