20:00
Visita guiadas ao Auditorio Fuxan os Ventos
-
Evento destacado
- Evento terminado
- Guardar evento Evento guardado
Visitas guiadas ao Auditorio Fuxan os Ventos O auditorio poderá visitarse o 7 e 8 de febreiro e o 14, 15, 28 e 29 de marzo, onde as persoas visitantes poderán coñecer partes non accesibles ao público en xeral. A Tenencia de Alcaldía organiza 6 visitas guiadas a esta instalación, que terán lugar o 7 de febreiro (20:00), 8 de febreiro (12.30), 14 de marzo (20:00), 15 de marzo (12.30), 28 de marzo (20:00) e 29 de marzo (12.30). Cada unha das visitas terá a cabida limitada a 20 persoas. Para reservar praza, será preciso enviar un correo a 010@lugo.gal ou chamar ao 982 297 350 en horario de 8:30 a 15:00 de luns a venres. Ao anotarse será preciso deixar un teléfono de contacto. A área de Cultura contactará nos días previos a cada visita para confirmar asistencia e, no caso de quedar prazas libres, cubrilas coas persoas anotadas na lista de agarda.



