"MENTALMORBOSE": Espectáculo Teatral a cargo de NOITEBRAS TEATRO Público: Maiores de 15 anos. Duración: 75 minutos. Entrada: Gratis ata completar aforo. Traxicomedia meta-teatral. Un dramaturgo con ínfulas existencialistas tratará de convencer a unha das súas ex-parellas para que o axude coa publicación dunha obra teatral. Ela non parece estar interesada, pero demostra saber moito máis sobre a trama do que el pensa. O protagonista desa traxicomedia, Viktor Krikrič, sempre acompañado da súa particular Dulcinea, está experimentando estraños cambios na súa relación coas mulleres que o rodean. Isto vai levalo a querer saber quen é el, e que quere realmente.
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar