20:00
O corno

O corno

O Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA), en colaboración coa Academia Galega do Audiovisual, coa Área de Cultura-Vicepresidencia da Deputación de Lugo e co Concello de Vilalba, organiza a proxección da longametraxe O CORNO, de JAIONE CAMBORDA, PELÍCULA GAÑADORA DO PREMIO MESTRE MATEO 2024. Remátase deste xeito coas proxeccións do CICLO MESTRE MATEO que durante o último trimestre do presente ano 2024 brindounos a oportunidade de poder disfrutar das películas finalistas (documentais, longametraxes e curtas) dos XXII PREMIOS MESTRE MATEO.

Dirección: Jaione Camborda. Reparto: Janet Novás, Siobhan Fernándes, Carla Rivas, Daniela Hernán Marchaán, María Lado, Julia Gómez, José Navarro, Nuria Lestegás e Diego Anido. Duración: 103’. Idioma: Galego e portugués. País: España, 2023. Drama.

SINOPSE:

Illa de Arousa, 1971. María é mariscadora pero tamén é coñecida na illa por axudar a outras mulleres nos partos con especial adicación e coidado. Despois dun inesperado suceso, María vése obrigada a fuxir e comeza unha perigosa travesía que lle fará loitar pola súa supervivencia. Na procura da súa liberdade, María decide cruzar a fronteira por unha das rutas de contrabando entre Galicia e Portugal.

PREMIOS:

Festival de Cine de San Sebastián 2023: Concha de Oro à Mellor Película

Fuente: https://entradasvilalba.es/evento/cine/o-corno
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android