20:00
Matria

Matria

O Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA), en colaboración coa Academia Galega do Audiovisual, coa Área de Cultura- Vicepresidencia da Deputación de Lugo e co Concello de Vilalba, organiza a proxección da longametraxe MATRIA, de ÁLVARO GAGO, continuando así co CICLO MESTRE MATEO que durante o último trimestre do presente ano 2024 bríndanos a oportunidade de poder disfrutar das películas finalistas (documentais, longametraxes e curtas) dos XXII PREMIOS MESTRE MATEO.

Dirección e guión: Álvaro Gago. Reparto: María Vázquez, Soraya Luaces, Santi Prego, Eduardo R. Cunha ‘Tatán’, Susana Sampedro y Francisca Iglesias. Ano: 2023. Idade: Maiores 12 anos. Duración: 93’

Sinopse: Ramona, unha muller de corenta anos, vive sumida nun contexto laboral e persoal tenso e impredecible. Un día crúzase con Xosé, un home con quen constrúe unha inusual amizade que lle permite pensar que, tal vez, exista algo novo polo que vivir. Sempre sacrificándoo todo polo futuro da súa filla Estrella, verase empurrada a mirar cara adentro e a pensar que, tal vez, exista algo novo polo que vivir.

Preestrea no Festival de Berlín (Sección Panorama)

Festival de Málaga: Biznaga de Prata á Mellor Actriz (María Vázquez) e Premio ASECAN Ópera Prima da Sección Oficial de Longametraxes

Fuente: https://entradasvilalba.es/evento/cine/matria
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android