O Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA), en colaboración coa Academia Galega do Audiovisual, coa Área de Cultura-
Vicepresidencia da Deputación de Lugo e co Concello de Vilalba, organiza a proxección do documental OS ESPAZOS
EN BRANCO, de BRUNO ARIAS, GAÑADORA DO PREMIO MESTRE MATEO AO MELLOR DOCUMENTAL. Continúase así
co CICLO MESTRE MATEO que durante o último trimestre do presente ano 2024 bríndanos a oportunidade de poder
disfrutar das películas finalistas (documentais, longametraxes e curtas) dos XXII PREMIOS MESTRE MATEO.
SINOPSE
As persoas somos o que somos por quen nos inspira. Desde que nacemos, constrúen as nosas personalidades, intereses e
ambicións os reflexos da xente á que admiramos, das nosas referencias. Bruno leva moito tempo cunha espiña cravada:
non lembra case nada de quen máis lle influíu na súa vida. A súa tía Xela morreu cando el tiña 5 anos e só lle quedan dela
as memorias doutras persoas. É por iso que, dezaoito anos despois, Bruno decide transitar as caras e lugares que viviron
a súa tía para dar luz a este conflito interno a través da primeira herdanza que lle deixou: o impulso creativo.
CANDIDATURAS XXII PREMIOS MESTRE MATEO
Gañadora: Mellor Documental
Fuente: https://entradasvilalba.es/evento/cine/os-espazos-en-branco
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar