O Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA), en colaboración coa Academia Galega do Audiovisual, coa Área de Cultura-Vicepresidencia da Deputación de Lugo e co Concello de Vilalba, organiza a 1ª SESIÓN DE CURTAS, coa proxección de 5 CURTAMETRAXES:
ANTES DE QUE SE POÑA O SOL. O COIDADO. TO BIRD OR NOT TO BIRD. O NENO SARDIÑA. ULISESContinuando así co CICLO MESTRE MATEO que durante o último trimestre do presente ano 2024 brindaranos a oportunidade de poder disfrutar das películas finalistas (documentais, longametraxes e curtas) dos XXII PREMIOS MESTRE MATEO.
Esta sexta proxección terá lugar no Auditorio Municipal de Vilalba o domingo 24 de novembro de 2024, ás 20:00 horas.
DURACIÓN TOTAL: 79 MIN
A ENTRADA SERÁ DE BALDE, PERO HABERÁ QUE REALIZAR A CORRESPONDENTE RESERVA
BEN NA PÁXINA WEB DO CONCELLO, BEN NA CASA DA CULTURA OU O MESMO DÍA NO AUDITORIO
Fuente:
https://entradasvilalba.es/evento/cine/1a-sesion-de-curtas