Relatorio arredor do libro:
“Galicia, distrito industrial. Conversas con Daniel Hermosilla”- Autor: Antón Baamonde (profesor de filosofía, ensaísta)
- Interveñen: Daniel Hermosilla (director executivo de Rodiñas), Teresa Táboas (doutora arquitecta), Eusebio Rey (director xeral de Prosistemas) e Antón Baamonde (profesor de filosofía, ensaísta)- Día: xoves, 10 de outubro de 2024
- Hora: 19:00
- Lugar: librería Metáfora (rúa de Paio Gómez Chariño, 9)
O Ateneo de Pontevedra organiza un relatorio arredor do libro “Galicia, distrito industrial. Conversas con Daniel Hermosilla”, de Antón Baamonde, editado pola Editorial Galaxia.
O acto terá lugar o vindeiro xoves 10 de outubro, ás 19:00 horas, na librería Metáfora.
O autor estará acompañado por Daniel Hermosilla, Teresa Táboas e Eusebio Rey.A entrada é libre ata completar capacidade.
Da obra
En Europa estamos asistindo ao retorno da política industrial. É unha ventá de oportunidades e cabe tomar decisións estratéxicas. Galicia posúe un sector industrial interesante. Hai un abano extenso de empresas cun alto valor tecnolóxico e internacionalizadas.
Nestas conversas, Daniel Hermosilla, director executivo de Rodiñas, insiste, contra a imaxe estereotipada, en que “aquí hai unha biodiversidade de industrias moi interesante. Capitalizadas, con maquinaria de última tecnoloxía, e que saben contratar persoas de talento. Empresas que souberon cambiar a mentalidade e entender que o mercado é o mundo enteiro. Se isto o sabemos aproveitar e artellar, pode ser un dos grandes activos de Galicia”. .
Do autor
Antón Baamonde (Vilalba, 1959) é licenciado en Filosofía. Ensaísta e articulista, é autor dunha obra onde o literario e o filosófico se funden en libros como Sobre o tempo (1990) e A rosa sen porqué (1997), publicadas en Editorial Galaxia. Colabora de modo habitual na prensa galega, tanto en xornais, como en revistas.
Heterodoxo de si mesmo, intenta non repetirse, por iso, noutros traballos mirou pola fiestra o que pasaba e debuxou unha visión da sociedade galega: socioloxía a machado cunhas pingas de costumismo e leve ironía.
COLABORA: librería Metáfora.
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar