Concello de Lugo - Área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua
Praza Maior, 1 - Lugo Ver web
🎶Merengue-rock-cumbia-funk-champeta-candombe-balada e canción de autor traen "Pedro Pastor y Los Locos Descalzos" ao San Froilán❗️ Será na praza de Santa María o xoves, 10 de outubro, a partir das 21h. 🎵Pedro Pastor y Los Locos Descalzos Inspirados tras a última extensa xira latinoamericana da banda, Pedro Pastor y Los Locos Descalzos regresan este 2024 con Escorpiano, o seu quinto álbum, terminando de afianzar o eclecticismo como un estilo en si, profundando nas músicas de ida e volta e confirmando que se pode facer música saborosa, bailable e á vez poética, profunda ou combativa. Xa vai para unha década que Pedro e os seus músicos comparten escenario e gravan os discos en bloque polo que o ensamble musical é sólido, a partir de aí, a alegría, a afinidade eo entusiasmo que inspiran Pedro, Álvaro, Nico e Alan no escenario é único. É difícil definir o estilo, sería algo así como merengue-rock-cumbia-funk-champeta-candombe-balada-canción de autor. E as poderosas e directas letras que son, sen dúbida, o aceno de identidade deste proxecto. Descubrilo é infinitamente mellor que as palabras. https://www.pedropastorguerra.com/
Praza Maior, 1 - Lugo Ver web
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar