12:00 hasta las 19:00
FESTAS DE SAN LÁZARO EN A PONTE

FESTAS DE SAN LÁZARO EN A PONTE

Os veciños do barrio da Ponte, no municipio de Lugo, festexarán a festa en honra ao seu Patrón; San Lázaro.

Sábado 9, ás 12.00 horas sesión vermú con degustación de pizza e presentación de carrilanas. Ás 16.00 horas Campionato Galego de Carrilanas. Ás 21.00 horas entrega de premios. Ás 22.00 horas presentación de xira 2024 de orquestra París de Noia acompañada por DJ Son1c.

Domingo 10, ás 11.30 horas Mercado Primavera, exposición de motos clásicas e sesión vermú, música e baile. Ás 16.00 horas atraccións para os máis pequenos.

Venres 15, ás 21.30 horas lectura do pregón. Ás 22.00 horas gran churrascada e ás 23.00 horas música con dúo A Hora Bruxa.

Sábado 16, ás 12.00 horas I Feira de Maquinaria Agrícola e Industrial A Ponte. Ás 13.30 horas sesión vermú con grupo Alba. Ás 22.30 horas música con orquestra Panamá. Ás 23.30 horas Festa Reggaetón e Electrolatino antigo con Don Omar (artista invitado) e DJ Iván Fanego.

Domingo 17, ás 08.00, 12.00 e 13.00 horas misas en honra a San Lázaro. Ás 14.00 horas sesión vermú con Javi Show. Ás 16.00 horas atraccións para os máis pequenos. Ás 16.30 horas tardeo con Javi Show. Ás 19.00 horas clausura feira e sorteo dun tractor infantil.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android