21:00
#2 Pilgrims

#2 Pilgrims

Elenco: Sheyla Fariña e Guillermo Carbajo.

Luca ten 22 anos e enfróntase a un dos seus maiores medos: facer soa o Camiño de Santiago. No cuarto dun albergue, ten que compartir liteira con Santi. Esta situación, inicialmente desagradable, converterase nunha fantástica oportunidade para decatarse de que, uníndose, poden desafiar as bases sobre as que construíron os seus mundos.

Tralo éxito acadado co noso espectáculo “Invisibles”, para público adulto, pensamos que sería preciso achegar unha proposta similar enfocada ao público adolescente co fin de concienciar, educar en igualdade e inculcar valores que preveñan a violencia de xénero. Neste novo espectáculo de Redrum Teatro viaxaremos a través das vivencias dos seus protagonistas polo Camiño de Santiago tocando temas como o feminismo, as novas masculinidades, a importancia actual das redes sociais ou o coidado medioambiental.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android