N/D
Programación de Samaín 2023 en Lugo

Programación de Samaín 2023 en Lugo

Pendentes de coñecer outras actividades, as actividades para o Samaín 2023 en Lugo a día de hoxe son as seguintes:

A concellería de Xuventude organizará un arrepiante rastrexo nocturno o vindeiro martes, día 31 de outubro, para celebrar o Samaín na contorna do Centro Histórico de Lugo.

A iniciativa está dirixida á mocidade lucense de entre 14 e 35 anos, comezará ás 21:00 horas na Praza Horta do Seminario coa posta en escena dun monitor/a caracterizado que, a través dun fío condutor, presenta a historia e o obxectivo do xogo, así como as normas do mesmo que se estruturá en grupos de 4-5 persoas, cun máximo de 70 participantes, previa inscrición.

No inicio e presentación do rastrexo, facilitaráselle a cada grupo un “kit de supervivencia” composto por mapa, instrucións, as normas polas que deben rexerse e unha tarxeta de control.

E unha vez finalizada a actividade, haberá unha chocolatada para todos/as os/as asistentes.

Ademais: xoves 26 obradoiro de cociña “Recetas de Samaín”, que terá continuidade o día 2 de novembro baixo o título “Día dos mortos: benvidos a México”, no mercado municipal de Quiroga Ballesteros.

Todas as actividades serán de balde pero resulta preciso inscribirse a través da web: https://formulario.xuventudelugo.gal/

Fuente: https://vivalugo.es/evento/programacion-de-samain-2023-en-lugo/
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android