11:30
Sábado 21 - VIGO - Unha palabra túa bastará para acougarme

Sábado 21 - VIGO - Unha palabra túa bastará para acougarme

Temos o pracer de presentarvos outra actividade de sábado do "Programa de preparación, apoio e acompañamento ás familias adoptivas e acolledoras" que terá lugar no Centro Cívico de Valadares en Vigo o vindeiro sábado 21 de outubro co título:

UNHA PALABRA TÚA BASTARÁ PARA ACOUGARME

A cargo de IÑIGO MTZ. DE MANDOJANA Psicopedagogo, educador social e formador. Adicou máis de dúas décadas ao traballo con nenas, nenos e adolescentes e familias en especial con aqueles en situación de desvantaxe socio-emocional a través do medio aberto, no ámbito residencial e agora mesmo nun Centro de Preservación Familiar. Especialista en Parentalidade positiva e Resiliencia aposta sempre pola renovación e a mellora social. É o escritor dos libros "Profesionales portadores de Oxitocina: los buenos tratos profesionales" e "Pero a tu lado: De la parentalidad positiva a la crianza terapéutica". Acompaña tanto a nais e pais como a profesionais na arte da crianza positiva e terapéutica a través de conferencias, cursos de formación, talleres... É membro da Asociación Educativa Biraka http://www.biraka.org/

OBRADOIRO 1ª parte: Unha palabra túa bastará para acougarme 11:30 a 14:00 Salón de Actos do Centro Cívico de Valadares Imos elaborar un obradoiro de regulación emocional, tanto dos mozos e mozas como dos pais e nais, para poder dispoñer de todas as competencias avanzadas e tentar convertirnos en criadores terapéuticos. Un obradoiro que manexará a teoría e a práctica, a exposición e a participación das asistentes: 1.- Máis aló dos comportamentos: a memoria implícita 2.- Que supón ser pais/nai acolledor (criador terapéutico)...

XANTAR/PICNIC 14:00 a 16:30 Salón de Actos do Centro Cívico de Valadares Ao remate da 1ª parte, como vén sendo habitual en MANAIA, faremos un Xantar/Picnic onde compartiremos os alimentos que cada quen teña a ben levar (tendes que traer todo: o xantar, a bebida, o menaxe e, se vos apetece, o café).

OBRADOIRO 2ª parte: Unha palabra túa bastará para acougarme 16:30 a 19:30 Salón de Actos do Centro Cívico de Valadares 3.- Regulación emocional 4.- Os afectos: primarios e secundarios 5.- Xogo terapéutico: a mellor ferramenta para regular vos afectos

LUDOTECA De 11:30 a 14:00 e de 16:30 a 19:30 Servizo de ludoteca de balde, pregámosvos que enviedes un correo a manaia@manaia.es confirmando a asistencia das vosas fillas/os, poñendo os seus nomes e idades. Para os menores de tres anos é obrigatorio enviar un correo confirmando asistencia, coa fin de contar con persoal axeitado.

Actividade de balde aberta, na súa primeira parte, a todas as familias adoptivas ou acolledoras, en espera de adopción ou acollemento e as persoas interesadas, sexan ou non socias de MANAIA. As persoas non socias poderán participar da 2ª parte se consiguen ser convidadas por unha familia socia

ESPERÁMOSVOS!!!!

Un saúdo

Actividade cofinanciada pola Xunta de Galicia.

Máis información en http://www.manaia.gal/ - https://www.facebook.com/adopcionmanaia - manaia@manaia.gal - 688 927 124

Download App iOS
Viral Agenda App
Download App Android