A VIII Cita coa Historia das Pontes terá lugar os días 15, 16 e 17 de setembro de 2023 no casco histórico de As Pontes de García Rodríguez (A Coruña). Esta nova edición xirará en torno á Romanización de Galicia, traendo ás rúas pontesas diferentes espectáculos de recreación histórica, actividades para nenos e maiores, concertos, pasarúas, teatro, cetrería, artesanía en vivo e moitas máis sorpresas. Achégate a coñecer a nosa vila e a nosa historia! +INFO http://citacoahistoriaaspontes.com/gl/cita-coa-historia/ PROGRAMA 2023 VENRES 15 17:00 Apertura do Mercado e Rúa dos Oficios 18:30 Quod Fecit: Obradoiro guiado por Chema Castro -Mario C. Metellvs- “Coñecemento de forxa antiga e traballo do metal” / Rúa dos Oficios 19:00 Visita guiada ao Museo Etnográfico Monte Caxado 20:30 Pregón a cargo do veciño José Miguel Varela Lamigueiro / Praza da Igrexa 21:00 Pasarúas a cargo de Feroces da Galgueira SÁBADO 16 11:00 Apertura do Mercado e Rúa dos Oficios 11:00 Grupo de afeccionados ao traballo da madeira: Obradoiro de torneado e talla en madeira / Rúa dos Oficios 11:30 Cetrería Falcóns Galicia: Obradoiro guiado por Fran González sobre o arte da cetrería /Adro da Igrexa 12:00 Concurso de caracterización / Praza da Igrexa 12:00 Quod Fecit: Obradoiro guiado por Uxía Canda -Máxima- e Isabel Carril -Atia- “Técnicas de pintura mural romana” / Rúa dos Oficios 12:00 Pasarúas a cargo de Canavella 12:00 Visita guiada ao Museo Etnográfico Monte Caxado 12:30 Lucius Spiculus Divulgación: A orixe da gladiatura e os gladiadores / Praza da Igrexa 13:30 Cetrería Falcóns Galicia: Exhibición de voo / Praza da Igrexa 16:00 Apertura da Ludoteca Infantil a cargo de Picariños Animación: Xogos tradicionais, xogos xigantes e xogos de época / Praza do Cemiterio Vello 16:30 Obradoiro infantil a cargo de Picariños Animación: “Deseña o teu colar galaico” / Praza do Cemiterio Vello 17:00 Apertura do Mercado e Rúa dos Oficios 17:00 Concurso de caracterización / Praza da Igrexa 17:00 Grupo de afeccionados ao traballo da madeira: Obradoiro de torneado e talla en madeira / Rúa dos Oficios 17:30 Obradoiro infantil a cargo de Picariños Animación: “Constrúe a túa espada galaica” / Praza do Cemiterio Vello 17:30 Quod Fecit: Obradoiro guiado por Adolfo Domínguez -Bruttus Atiar- “Xoiería e fabricación de pezas de metal” / Rúa dos Oficios 18:00 Cetrería Falcóns Galicia: Obradoiro guiado por Fran González sobre o arte da cetrería /Adro da Igrexa 18:30 Lucius Spiculus Divulgación: Preparación e loita de gladiadores / Praza da Igrexa 19:00 Visita guiada ao Museo Etnográfico Monte Caxado 19:00 Teatro Guiñol a cargo de Picariños Animación / Praza do Cemiterio Vello 19:30 Cetrería Falcóns Galicia: Exhibición de voo / Praza da Igrexa 20:00 Quod Fecit: Obradoiro guiado por Chema Castro -Mario C. Metellvs- “Coñecemento de forxa antiga e traballo do metal” / Rúa dos Oficios 20:30 Pasarúas a cargo de No Cómbaro 22:30 Concerto Folque: Norteños do Sur e Amilicia Bravú / Campo de Concertos DOMINGO 17 11:00 Apertura do Mercado e Rúa dos Oficios 11:00 Chegada e desfile das guerreiras de Lucus Icenas Miliatore 11:00 Grupo de afeccionados ao traballo da madeira: Obradoiro de torneado e talla en madeira / Rúa dos Oficios 12:00 Teatro na rúa a cargo de Lucus Icenas Miliatore: A historia de Boudica / Praza da Igrexa 12:00 Concurso de caracterización / Praza da Igrexa 12:00 Quod Fecit: Obradoiro guiado por Chema Castro -Mario C. Metellvs- “Coñecemento de forxa antiga e traballo do metal” / Rúa dos Oficios 12:30 Obradoiro infantil a cargo de Lucus Icenas Miliatore: “Pinturas de guerra” / Praza da Igrexa 12:30 Visita guiada ao Museo Etnográfico Monte Caxado 13:00 Cetrería Falcóns Galicia: Obradoiro guiado por Fran González sobre o arte da cetrería /Adro da Igrexa 13:30 Pasarúas a cargo de Os Trevillas 16:00 Apertura da Ludoteca infantil a cargo de Picariños Animación: Xogos tradicionais, xogos xigantes e xogos de época / Praza do Cemiterio Vello 17:00 Apertura do Mercado e Rúa dos Oficios 17:00 Grupo de afeccionados ao traballo da madeira: Obradoiro de torneado e talla en madeira / Rúa dos Oficios 17:30 Quod Fecit: Obradoiro guiado por Adolfo Domínguez -Bruttus Atiar- “Xoiería e fabricación de pezas de metal” / Rúa dos Oficios 17:30 Desfile das guerreiras de Lucus Icenas Miliatore 18:00 Teatro na rúa a cargo de Lucus Icenas Miliatore: A coronación de Boudica / Praza da Igrexa 18:30 Pasarúas a cargo de Os Trevillas 19:00 Visita guiada ao Museo Etnográfico Monte Caxado 19:00 Quod Fecit: Obradoiro guiado por Uxía Canda -Máxima- e Isabel Carril -Atia- “Técnicas de pintura mural romana” / Rúa dos Oficios 19:00 Cetrería Falcóns Galicia: Exhibición de voo / Praza da Igrexa 20:00 Entrega de Premios Concurso de Caracterización / Praza da Igrexa
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar