A exposición recolle as obras de dez profesionais do cómic formados na Facultade de Belas Artes. Trátase de ex alumnos, agora profesionais da banda deseñada como Alberto Vázquez, Blais Rodríguez, Jano, José Domingo, Julia Lago, Martín Romero, Miguel Cuba, Miguel Porto e Miriam Iglesias.
Trátase de artistas que portan obras de gran calidade e teñen eco no tecido profesional e cultural de Galicia, España e mesmo internacional. Algúns autores foron galardoados con importantes premios como Alberto Vázquez, quen conta cun premio Goya polas súas curtametraxes e longametraxes de animación.
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar