20:00
Presentación do libro | AQUÍ NON PASA NADA «Historias Musicais de Lugo” (Sarria)

Presentación do libro | AQUÍ NON PASA NADA «Historias Musicais de Lugo” (Sarria)

Presentación do libro | AQUÍ NON PASA NADA «Historias Musicais de Lugo”

04 Maio:
Sarria.
Actuación Malditos Roedores en la Plaza da Vila de 20.00 a 21.00

Presentación do libro “Aquí non pasa nada. Historias musicais de Lugo”, do músico, compositor e docente lucense Juan Castro Lodeiro.

A publicación, traza a historia da creación musical na cidade e na provincia a partir das testemuñas das persoas que participaron e participan dela e reivindica o potencial cultural, artístico e económico da música en Lugo.

Este repaso histórico ten presente os instrumentos sonoros achados en gravados e mosaicos da cidade, o pouso da lírica galego portuguesa, compositores como Xoán Montes e Gustavo Freire,  bandas municipais, corais e orquestras e demórase especialmente na historia de músicos, bandas, locais e programadores que protagonizaron a vida musical de Lugo nas últimas décadas.

+INFO
http://superintencion.com/aqui-non-pasa-nada/
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android