22:30
XXXII Festival de Jazz de Lugo: Gene García

XXXII Festival de Jazz de Lugo: Gene García

Tras superar unha etapa terrible de saúde, o Howlin' Wolf estremeño que burlou a morte, Gene García, un dos poucos referentes vocais masculinos do jazz peninsular, volve co seu marcado estilo crooner e forzas renovadas para editar GeneSis, soberbio traballo arroupado por magníficos músicos lisboetas no cal converxen de maneira culminante jazz, blues e soul. Contén oito cancións orixinais e tres versións revisadas: «Isn't It A Pity», de George Harrison, para a que conta coa participación da Orquesta Sinfónica de Extremadura, «Just The Way You Are» de Billy Joel e «Soul to Soul» do cubano Tito Gómez.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android