O imitador
Un imitador de personaxes gaña a vida a duras penas fotografiándose con turistas no boulevard de Hollywood, disfrazado cun traxe irrecoñecible. Un día, na volta ao campamento á beira do río onde vive, atopa a policía confiscando a súa tenda. Desorientado e sen obxectivos, e a medida que vai perdendo cada vez máis o contacto coa realidade por mor do podcast conspiratorio que escoita, o imitador afúndese cada vez máis no mundo de fantasía do seu personaxe.
O persoal de Googleplex sae do traballo
O persoal de Googleplex sae do traballo céntrase nunha categoría de persoal marxinalizada e de alto secreto na sede internacional de Google en Silicon Valley. O vídeo, ao tempo que documenta a saída do traballo do persoal de ScanOps de Google Books, que porta insignias amarelas, relata as complexidades do meu despido da empresa.
Kodak
Rich, o protagonista deste filme, é unha combinación do meu pai e dun personaxe imaxinario. Traballa para Kodak procesando películas ata que un accidente laboral o deixa cego. Logo disto, comeza a traballar na escuridade, empaquetando películas xunto con outros empregados cegos de Kodak, ata que son despedidos cando a empresa afunde. Cando nos reunimos con el, Rich leva desempregado dez anos, e parece estar perdendo gradualmente as facultades mentais.
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar