Os seus traballos foron expostos en espazos como a Tate Modern, Moreira Salles Institute, Itaú Cultural, Fundación Iberê Camargo, Berardo Collection Museum, CAPC Musée d’art Contemporain (Bordeaux) e Pivô Art Center. Forman parte de coleccións como as da Fundación Botín, Itaú Cultural, Nouveau Musée de Monaco, Museu de Arte Moderna de São Paulo, Museu de Arte Moderna do Rio de Janeiro e a Pinacoteca do Estado de São Paulo.
Man 2
En A resistencia do corpo (serie á que pertence Man 2), Leticia Ramos establece un entorno controlado co obxecto de por a proba as reaccións dun corpo perante actividades habitualmente relacionadas con manifestacións na rúa. Filmando con cámaras, bonecos e modelos, a artista pon a proba o lanzamento de obxectos, o impacto de canóns de auga e a comunicación por teléfono móbil, simulando o repertorio visual de estudos científicos como os realizados polos enxeñeiros estadounidenses Frank e Lilian Gilbreth.
Dropspike
En Dropspike, a película máis recente de Leticia Ramos, unha grande esfera brillante xorde inexplicablemente de entre montañas xeadas. Unha voz robótica anuncia que a esfera aparecerá simultaneamente en diferentes lugares a medida que o xeo se derreta.
Vostok
En 2012, os científicos da base de investigación rusa Vostok conseguiron tomar mostras dun lago subglacial, a 4 km por debaixo da superficie do xeo. Estas mostras son "cápsulas do tempo" da época na que o continente antártico comezaba a conxelarse.
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar