19:00
Pink unicorns

Pink unicorns

Pink unicorns | Praza Paradela (Gondomar)

Pink Unicorns é unha peza de danza contemporánea, fresca e orixinal, da compañía A Macana que confronta ante o espectador un dúo pouco habitual, un man a man entre o bailarín e coreógrafo Alexis Fernández e a Paulo Fernández, o seu fillo.

Alexis Fernández e Paulo Fernández revélanse como dous magníficos e compenetrados intérpretes, cunha química, non sabemos se froito do traballo escénico ou da cadea de ADN que comparten, pero que senta unhas bases estupendas para esta peza frenética e chea de enerxía, colorida, tenra e divertida.

Se tratar cos fillos cando crecen vólvese un dos retos máis difíciles de afrontar para os pais, como conectar con eles cando as diferenzas entre xeracións parecen un abismo insalvable? Como traducir aos pais que as redes sociais son a base da comunicación dos seus fillos nados neste milenio?
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android