22:30
Xurxo Fernandes

Xurxo Fernandes

Levaino! é o novo traballo de Xurxo e exhórtanos a facer unha viaxe pouco coñecida que parte do Mediterráneo Oriental e remata en Galicia, presentando os vínculos que unen ambas tradicións orais.

Cunha voz cálida, potente e chea de matices e expresividade, Xurxo Fernandes móvese con gusto e perfección polo cromatismo propio destas dúas ricas e variadas tradicións orais.

Xurxo, invertigador de ambas culturas e a través dunha sonoridade sorprendente, mergúllanos nunha paisaxe sonora que envolve os arcaicos sons da Galicia máis primitiva co máis suxerente exotismo oriental. Acompáñalle unha banda formada por cinco virtuosos músicos: Pedro Lamas (gaita e saxofón), Roberto Comesaña (teclados), Rafa Morales (baixo) e Rubén Montes (percusión). As pandereteiras sen Fronteiras póñenlle a guinda a este proxecto que non deixará ao público indiferente.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android