A HOLI LIFE é unha carreira de 5 quilómetros sen tempo, onde miles de participantes son asperxidos de xeito total con diferentes pos de cores a cada quilómetro. Xa son máis de 60 as edicións celebradas por toda España e nas que participaron máis de 500.000 persoas.
Ademais, a diversión continúa ata o final cunha xigantesca festa de cor ou HOLI BOOM, onde todas as cores que imaxines asolagan o ceo da cidade e ao son da mellor música acabas vivindo a que será unha das mellores experiencias da túa vida. Emocións e recordos que che acompañarán para sempre.
Este formato de carreira está inspirada no Holi ou Festival das cores indiano, que se celebra ao comezo da primavera. Desde a organización queren chegar ao mesmo principio de celebración, xogando en familia, entre amigos, nunha carreira de cores sen competición.
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar