21:00
V Festival de Música Contemporánea Resis- Cantando Admont e Arxis Ensemble

V Festival de Música Contemporánea Resis- Cantando Admont e Arxis Ensemble

CANTANDO ADMONT é un conxunto vocal con sede en Austria que reúne a distinguidas personalidades do canto coas súas notables particularidades nun corpo de son único e expresivo. Sempre en busca de música extraordinaria, a miúdo fóra da corrente principal, o conxunto dedícase á síntese de música vocal antiga e nova, descubrindo o novo no antigo e experimentando o antigo nun contexto actual.

ARXIS ENSEMBLE é unha formación de música contemporánea que nace co obxectivo de ser un punto de encontro entre intérpretes, creadores e público no campo da música de hoxe en día.

Centra a súa actividade no traballo man a man con compositoras e compositores do noso tempo, así como en intercambios nacionais e internacionais para situar a Galicia como un foco da arte de vangarda. Apostando pola programación de repertorio da música do últimos cincuenta anos, ARXIS Ensemble, pretende abrir diálogos sobre a creación recente a través de concertos, conferencias e talleres, vinculando a música con outras disciplinas artísticas.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android