15:00
Portamérica: Amparanoia
-
Evento destacado
- Evento terminado
- Guardar evento Evento guardado
Amparanoia é a banda liderada por Amparo Sánchez, que a mediados dos 90 sorprendeu cunha mestura de estilos diferentes e supuxo toda unha revolución musical, converténdose nunha referencia internacional da música mestiza e fusión.
Son grandes expoñentes dun rock híbrido onde cabe de todo (rancheira, rumba, son, bolero) sempre que se adapte á xenética da casa: bo rolo, certa conciencia de clase, tributo á festa. Poida que agora, sabendo o que sabemos, conveña engadir o tributo á festa de estar vivos.



