Sede Afundación Santiago de Compostela
Rúa do Vilar 19 - Santiago de Compostela Ver web
Este ciclo enmárcase en Cultura por alimentos, unha iniciativa de Afundación en prol de FESBAL (Federación Española de Bancos de Alimentos). O acceso l cada unha das sesións será a cambio da entrega dalgún alimento non perecedoiro, que irá destinado ao banco de alimentos local. Imprescindible reserva previa en ataquilla.com, sen custo.
Elas volven ser as protagonistas do noso ciclo de cinema. Tres películas que dan voz a mulleres valentes, atrevidas, loitadoras... Este ciclo vira ao redor da muller e trata temas como a reivindicación de dereitos, o voto, a soidade ou o traballo digno. Un ciclo transversal que ten como eixo vertebrador o empoderamento das mulleres no mundo.
Rúa do Vilar 19 - Santiago de Compostela Ver web
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar